A andadura deste estaleiro remontase ao ano 1978, data na cal mestre carpínteiro de ribeira D. Jose Triñanes Domínguez alugou unha nave na Agañan, en termos do concello de Boiro, comezando a construir embarcacións de distintas tipoloxías como dornas, lanchas xeiteiras, pesqueiros e auxiliares de acuicultura, empregando as técnicas tradicionais que aprendera sendo aínda un neno do mestre Faustino Places (experto constructor formado nos estaleiros do Garona en Francia), técnicas que máis tarde transmitiría ó seu fillo, J. Gerardo Triñanes Fernández, que continua a día de hoxe dirixindo o estaleiro.

A labor deste estaleiro caracterizouse á longo da súa historía por unha combinación de tradición e innovación, aunando as técnicas máis tradicionais de construcción coa incorporación das últimas innovacións que se produxeron no sector, tales como a utilización dos epoxis no proceso productivo, a madeira laminada, a instalación de hélices de proa… conquerindo asi unhas embarcación únicas que ofrecen as mellores prestacións e diminuen os costes de mantemento todo este proceso culmina na creación do denominado barco tradicional mexilloeiro.

 A calidade e bo facer dos dous mestres artesáns que iniciaron este estaleiro fixo     posible a ampliación do mesmo, que se levou a cabo no ano 1986 coa construcción na Ladeira(Chazo-Boiro)dun novo estaleiro que conta cunha superficie útil de 2500m2.