Aborda-lo mundo da construcción naval de madeira en Galicia, supón entrar de cheo nunha das facetas menos divulgadas e estudiadas da propia cultura Galega.
A construcción naval en madeira ten orixenes milenarios, con útiles e formas de traballo únicos, e unhas embarcacións producto da mais pura artesanía, con tradicións e costumes que forman parte dun entramado cultural sorprendente e descoñecido en moitos casos.
Paradoxicamente o remoto dos seus oríxenes a concepción da construcción artesanal das embarcacións pesqueiras, vive unha adaptación constante, que lle permite competir con ventaxas cos demais materiais alternativos, para esto os Asteleiros Triñanes evolucionaron a un estilo de construcción propio, que lle permite desenrolar unhas embarcacións con unhas únicas e dificilmente mellorables prestacións. |