Antecedentes (ano 1978)

Os “ASTELEIROS TRIÑANES DOMÍNGUEZ, S.L.” atópanse situados no lugar de Ladeira – Chazo, no concello de Boiro, e iniciaron a súa actividade no ano 1978. Desde os seus inicios en Agañán, Boiro, a carteira de pedidos do Asteleiro está constituida por distintos tipos de embarcacións (pesqueiros, auxiliares de acuicultura, chalanas, dornas, embarcacións de recreo, etc…) das que se levan construído máis de 150 unidades, a maioría delas de máis de 10 TRB, utilizando métodos constructivos artesanais. Paradoxicamente ó remoto das súas orixes, a concepción da construcción artesanal de embarcacións vive unha constante evolución, non sendo allea ás tecnoloxías máis vanguardistas en construcción de embarcacións de madeira moldeada en frío e á compatibilidade destas técnicas /emprego dos epoxis como adhesivos e eficaces protectores da madeira) coa construcción tradicional, o cal permite con vantaxes cos demais materiais alternativos, e construir embarcacións cunhas únicas e dificilmente mellorables prestacións e de máis baixo mantemento.

Ano 1986

A modernización do Estaleiro trouxo consigo a construcción dunha nave en Ladeira – Chazo (Boiro) no ano 1986 cunha superficie útil de 2500 m2 onde se iniciou un sistema de traballo baseado na aplicación de novas técnicas de construcción, co emprego de madeira laminada, combinación de mateirais de construcción madeira-poliester, o cal permite desenrolar embarcacións con altísimas prestacións e moi baixo mantemento.

Ano 2000



Nembargantes a forte competitividade doutras construccións, e sobre todo a crese que afecta ó sector pesqueiro cunha mínima demanda de novas embarcacións, fai que o Asteleiro teña que buscar outras alternativas e diversificar as súas actividades para o seu crecemento e consolidación, polo que no ano 2000 e como primeira fase cara a novas alternativas de traballo incorpora unha rampa-varadoiro con cabrestante para sacar as embarcacións da auga, co cal o Asteleiro dispón dunha superficie útil de 3700 m2, onde se da servivio de mantemento tamén a embarcacións de recreo.

Neste ano coa incorporación de especialistas en poliéster ó cadro de persoal do Asteleiro, abórdase con solvencia a construcción, reparación, mantemento e prevención de osmose nas embarcacións de poliéster.

Ano 2002-2003

Lévase a cabo a instalación dun guindastre-torre para dar servicio ó varadoiro, manipular as madeiras do secadoiro natural, e sacar as pequenas embarcacións de recreo da auga para situalas no recinto do Asteleiro, no que se realiza un peche perimetral para garantir un lugar seguro para as madeiras en proceso de secado natural e para as pequenas embarcacións.

Ano 2003-2004

Os asteleiros de madeira tradicionalmente limitáronse á mera construcción do casco sen participar do calor engadido que segnifica a súa montaxe (motores, maquinaria auxiliar, etc…). Esto significaba un freo desde o punto de vista da propia actividade económica e ademais o servicio ó armador non era completo, tendo este que buscar talleres mecánicos que fixeran os traballos e instalacións necesarias para o funcionamento da embarcación, ca posta en marcha da sección de mecánica preténdese ter un servicio completo para o armador.