As eco-embarcacións caracterizanse por ser respetuosas co medio ambiente tanto na súa construción, vida útil como no seu desmantelamento. Outra característica destacable é o baixo custo enerxético que é necesario empregar na súa construción e na nula xeración de residuos perigosos durante esta. Tamén cabe salientar que durante o proceso construtivo deste tipo de embarcacións fixase CO2, en contraposición con outro tipo de construcións.

Este estaleiro esta plenamente concienciado con este tipo de embarcación, estando na actualidade inmerso en diferentes proxectos que se enmarcan no concepto da ecoconstrución, destacando entre eles o proxecto de recuperación dunha embarcación tradicional tipo racú para o seu uso na náutica de recreo asi como a construcción dun ecoveleiro 550.