PROXECTO PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA BATEA DE ALTO RENDEMENTO

Este proxecto é a culminación dun estudo en común entre productores, constructores e enxeñeiros navais.

A estructura dos pónton de madeira debe de ser transversal e non lonxitudinal, co obxetivo de aumentar as posibles combinación de cordas de cultivo, aumentando así o volume total de producción por batea. Este aumento verase intensificado nas zonas onde a velocidade da corrente sexa máis baixa.

 

A estructura da batea estara composta por un armazón de madeira unido a flotadores, un total de seis, os flotadores en aceiro recubertos de poliéste irán colocados dous en popa, dous en proa e dous no centro e estaran unidos entre os costados mediante dúas vigas mestras cada un.